Fechadas dúas aulas no Colexio Mariano e o CEIP Pintor Laxeiro, en Vigo, por positivos en Covid

Escola infantil na Galiza. (Foto: Xunta da Galiza).

O Colexio Plurilingüe Mariano e o CEIP Pintor Laxeiro, ambos en Vigo, tiveron que poñer en corentena unha aula cada un tras detectarse dous positivos de Covid-19.

O Colexio Plurilingüe Mariano e o CEIP Pintor Laxeiro, ambos en Vigo, tiveron que poñer en corentena unha aula cada un tras detectarse dous positivos de Covid-19.

No caso do Colexio Mariano, fontes do centro confirmaron que o positivo en coronavirus deuse nunha nena de tres anos á que se lle fixo a PCR ao longo da fin de semana por haber un infectado na súa contorna familiar.

Así, despois de que as autoridades sanitarias e a familia da alumna trasladasen ao colexio a situación, púxose en corentena un total de 25 nenos e tres profesores.

No caso do CEIP Pintor Laxeiro, desde hoxe terá en corentena a clase de 1º B de Primaria por un positivo. A través da súa páxina web, o colexio informou de que as autoridades sanitarias xa puxeron en marcha o protocolo correspondente e de que "o resto do centro funcionará con normalidade".