Fayed Balawi (FPLP) falará en Foz sobre a situación de Palestina na crise de Oriente Medio

Fayed Badawi, representante en Europa da FPLP

Organiza A Pomba do Arco. Será o 23 de xullo na Casa da Cultura. 

Fayed Badawi naceu no campo de refuxiados palestinos de Tal az-zatar, en Beirut Leste e é supervivente da matanza de  Sabra e Chatila, na que a falanxe cristiá libanesa masacrou ante a pasividade israelita máis de 500 refuxiadas. Veterano da batalla de Beirut, militante da resistencia palestina desde os 12 anos e incansábel conferenciante e divulgador da situación de Palestina por toda Europa, estará en Foz o día 23.

Badawi é representante en Europa da Fronte Popular de Liberación de Palestina (FPLP), organización laica e marxista que loita contra a ocupación israelita. En Foz estará convidado por A Pomba do Arco, para dar unha palestra sobre sobre “A situación de Palestina na crise de Oriente Medio”.

Será a terza feiras 23 de xullo ás 20:30 na Casa da Cultura “Poeta Manuel María de Foz”.