Familiares das vítimas do coronavirus nas residencias demandan xustiza en Cangas

Velas e pancartas con fotos de Feixoo e a directora de DomusVi na porta da residencia de maiores de Aldán, en Cangas.

A Federación REDE, (composta por asociacións de usuarios e familiares de residencias e dependencia ), realizaron na xornada de onte unha marcha con vehículos por Cangas que, tras recorrer o centro da vila, rematou ás portas da residencia de Aldán onde se colocaron 38 velas e 38 flores en recordó das 38 persoas falecidas na mesma.

REDE denuncia que, a día de hoxe, aínda non saben "oficialmente, nin sequera, a cifra de mortos na residencia de Aldan nin de ningunha outra".

"Denunciamos que a xunta da Galiza ten tanta presa por  pasar paxina que están deixando fóra do sistema novamente aos dependentes, xa que nin se lle están valorando as secuelas tanto da COVID como do illamento nin facendo nada por curarllas si estan fora das residencias", din.

Ademais, demandan que a Xustiza "faga unha investigación seria na Galiza que explique porque das 619 persoas que morreron 274 (44%) delas morreron nas residencias, cando meses centros só viven 3,1 % dos anciáns". Non rematan ai as súas reivindicacións, pois tamén esixen unha comisión parlamentaria de investigación, así como unha "nova" Lei de Dependencia. e a Demisión da responsábel de Política Social.