A familia Chévere fai xa as compras do nadal

Miguel de Lira e Patricia Lorenzo

Protagonizan o spot co que Vegalsa-Eroski presenta a súa campaña de nadal, baixo o lema "Comparte a maxia".

Premio Nacional de Teatro 2014, Chévere é o grande reclamo da campaña de nadal de Vegalsa-Eroski, a protagonizar un anuncio que a compañía de distribución alimentaria presenta como un tributo ao teatro galego.

 

A rodaxe do anuncio, interpretado por Miguel de Lira e Patricia Lorenzo, tivo como cenario o Teatro Colón da Coruña e o Eroski Center de Betanzos. O spot pode ser visto neste sitio. De Lira e Lorenzo son os protagonistas tamén de Eroski Paraíso, o primeiro espectáculo posto en andamento por Chévere após gañar o Premio Nacional de Teatro. Precisamente o sorteo de 50 billetes para presenciar esta obra —nas súas próximas representacións en Vigo, Pontevedra e Teo— fai parte tamén da campaña 'Comparte a Maxia'.

 

Vegalsa-Eroski é unha compañía participada ao 50 por cento polo grupo galego liderado pola familia Ventura González e pola cooperativa vasca Eroski. Ten perto de 6.000 traballadoras e traballadores e en 2017 a súa facturación ultrapasou os 1.000 millóns de euros (1.048). A marca posúe 262 establecimientos en Galiza, Asturias e Castela e León.

 

Non é a primeira vez que Vegalsa-Eroski aposta en referentes da cultura galega na súa campaña de nadal. Xa o fixo o ano pasado con De Vacas e a Compañía Nova Galega de Danza.