Falece un veciño de Cerceda tras ser esmagado pola roda dun tractor

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press)
Segundo trasladou o 112 Galiza, foron os profesionais dos servizos sanitarios os que alertaron deste suceso á central de emerxencias.

Un home faleceu este sábado tras ser esmagado por unha roda dun tractor no lugar de Tasende, na parroquia de Rodís, pertencente ao municipio de Cerceda.

Segundo trasladou o 112 Galiza, foron os profesionais dos servizos sanitarios os que alertaron deste suceso á central de emerxencias.

O equipo do Servizo de Urxencias Sanitarias da Galiza-061 acudira a un domicilio para comprobar o estado de saúde dun home que sufrira un accidente cun vehículo agrícola.

Ao parecer, unha das rodas do vehículo esmagouno contra un piar e o home faleceu practicamente no acto.

Para tratar de determinar as circunstancias do suceso, os xestores do 112 pasaron aviso aos axentes da Garda Civil e da Policía Local.