Falece unha muller tras colisionar co seu vehículo contra unha rozadoira en Sandiás

Imaxe de momentos posteriores ao sinistro en Sandiás (Foto: Garda Civil de Ourense).
Segundo informa a Central de Coordinación de Emerxencias 112 Galiza e a Garda Civil de Ourense, o sinistro tivo lugar sobre as 12.45 horas no quilómetro 2.050 da OU-531, que une Xinzo de Limia con Celanova.

Unha muller de 85 anos, que viaxaba como ocupante nun turismo, faleceu ao colisionar o vehículo contra un tractor en Sandiás (comarca da Limia). O condutor, de 91 anos e que segundo a Garda Civil tiña vixente o carné de circulación, resultou ferido grave.

Segundo informa a Central de Coordinación de Emerxencias 112 Galiza e a Garda Civil de Ourense, o sinistro tivo lugar sobre as 12.45 horas no quilómetro 2.050 da OU-531, que une Xinzo de Limia con Celanova.

O sinistro

Fontes da Garda Civil explicaron que o sinistro se produciu cando o turismo alcanzou o vehículo especial que se atopaba rozando a beiravía.

Como consecuencia do accidente, a muller, que viaxaba como ocupante, faleceu, e o home, que estaba ao volante, resultou ferido grave. Mentres, o condutor do vehículo especial, de 42 anos, resultou ileso.

Do sinistro avisou ao 112 un particular. Foron mobilizados os Bombeiros de Xinzo, que tiveron que excarcerar á vítima, Protección Civil de Sandiás e de Xinzo de Limia, o 061 e o servizos de mantemento de estradas, ademais da Garda Civil.

A Garda Civil indica que as obras de rozadura encóntranse sinalizadas.

Das dilixencias encargáronse o equipo de atestados de Verín, de onde foron enviadas varias patrullas.