Falece un operario ao quedar atrapado entre o seu vehículo e un muro mentres traballaba en Redondela

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press)
Na mañá desta segunda feira, varios particulares alertaron ao 112 Galiza deste suceso nas proximidades dun taller da parroquia de Quintela.

Un home que manexaba un guindastre faleceu ao quedar atrapado entre o seu vehículo e un muro cando descargaba un coche na parroquia de Quintela, municipio de Redondela (comarca de Vigo).

Na mañá desta segunda feira, varios particulares alertaron ao 112 Galiza deste suceso nas proximidades dun taller da parroquia de Quintela.

Así, activouse un operativo que contou coa participación de Urxencias Sanitarias de Galiza-061, Bombeiros de Redondela, GES de Mos e axentes da Policía Nacional e Local.

Tamén se informou aos Bombeiros de Vigo e do Porriño e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Redondela.

Unha vez no punto, o persoal sanitario confirmou a morte do home. Os servizos de emerxencias procederon á liberación do corpo.