Falece unha persoa tras ser alcanzada por un tren á altura de Lalín

Vista exterior da estación de trens de Lalín (Foto: Nós Diario).
Con motivo deste suceso, permaneceron cortadas ambas as vías entre A Grandeira e O Irixo víronse afectados os trens Vigo-Madrid Chamartín.

Unha persoa perdeu a vida tras ser alcanzada por un tren no paso inferior dunha vía de alta velocidade, á altura do lugar da Bouza, na parroquia lalinense de Botos.

Segundo confirmou o 112 Galiza, os feitos sucederon na tarde do domingo. Nese momento recibiron a alerta a través do propio Adif, que asegurou que o suceso se produciu nun punto de paso non autorizado.

Con motivo deste suceso, permaneceron cortadas ambas as vías entre A Grandeira e O Irixo víronse afectados os trens Vigo-Madrid Chamartín.

Ademais, a interrupción da circulación afectou tamén os trens que circulaban entre Ourense e A Coruña e as súas variantes.

Renfe tamén informou que traballaron para liquidar a incidencia o máis rapidamente posíbel.

Servizos sanitarios

Até o lugar desprazáronse os servizos sanitarios, que só puideron confirmar o falecemento da persoa alcanzada polo convoi.

Tamén se requiriu a actuación do GES de Lalín, do Servizo Municipal de Protección Civil e da Garda Civil.