Falece unha persoa e outras dúas son rescatadas nun naufraxio en Malpica de Bergantiños

Imaxe de arquivo do espigón de Malpica.
O 112 recibiu o aviso contra as 7.30 horas desta quinta feira.

O servizo de Emerxencias 112 Galiza vén de informar do naufraxio dun barco fronte á costa de Malpica de Bergantiños, após encallar perto do espigón.

Unha persoa faleceu no sinistro e outras dúas foron xa rescatadas. No operativo interveñen persoal de Salvamento Marítimo, persoal sanitario, Protección Civil e a Garda Civil.

O 112 Galiza recibiu o aviso contra as 7.30 horas desta quinta feira. Tratábase dunha embarcación recreativa, un veleiro.

Unha das persoas rescatadas, con feridas leves, foi trasladado ao aeroporto de Alvedro, desde onde o levaron ao Hospital da Coruña.

Os servizos de emerxencia rescataron do mar o corpo da falecida, unha muller, P. M., de 66 anos.