Falece un pasaxeiro de 93 anos de idade nun accidente de tráfico en Baltar

Accidente de tráfico en Baltar (Foto: Garda Civil de Tráfico).
Segundo a información do CIAE 112 e da Garda Civil de Tráfico, o suceso tivo lugar pouco antes das 17 horas no quilómetro 10 a estrada OU-304, nas proximidades de Baltar, onde o vehículo no que viaxaba o falecido saíu da vía.

Un home de 93 anos faleceu na tarde desta terza feira nun accidente de tráfico rexistrado no municipio de Baltar.

Segundo a información do CIAE 112 e da Garda Civil de Tráfico, o suceso tivo lugar pouco antes das 17 horas no quilómetro 10 a estrada OU-304, nas proximidades de Baltar, onde o vehículo no que viaxaba o falecido saíu da vía.

Até a zona desprazáronse efectivos de Garda Civil de Tráfico, así como o helicóptero medicalizado do 061 con base en Ourense e persoal sanitario nunha ambulancia.

Con todo, os facultativos só puideron certificar o falecemento do ocupante, que viaxaba no asento traseiro e facía uso do cinto de seguridade. A condutora, de 45 anos, resultou ferida leve e foi trasladada ao Hospital Cosaga de Ourense.