Falece un motorista tras adiantar en liña continua e chocar contra un turismo en Padrón
08 de xuño de 2025 (20:22 h.)
O suceso, segundo o 112 Galiza, produciuse sobre as 18.20 horas deste domingo e foi un particular o que deu a voz de alarma e detallou que o motorista se atopaba no chan inconsciente.
Un motorista, de 65 anos, perdeu a vida tras adiantar en liña continua e chocar contra un turismo na AC-242, en Carcacia, no municipio de Padrón ( O Sar). O suceso, segundo o 112 Galiza, produciuse sobre as 18.20 horas deste domingo e foi un particular o que deu a voz de alarma e detallou que o motorista se atopaba no chan inconsciente. No operativo participaron Urxencias Sanitarias da Galiza-061, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Padrón, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil.