Falece Josep Piqué, ministro nos Gobernos de Aznar

Josep Pique nunha foto de 2022 (Foto: Juan Manuel Serrano Arce / Europa Press).
O que fora minsitro do Goberno español faleceu na madrugada desta quinta feira aos 68 anos de idade no hospital 12 de Octubre de Madrid.

O que fora ministro do Goberno de José María Aznar, Josep Piqué faleceu na madrugada desta quinta feira aos 68 anos de idade no hospital 12 de Octubre de Madrid.

"Con profunda dor comunicamos o falecemento do noso esposo e pai, Josep Piqué Camps, no 12 de Outubro de Madrid. A súa integridade persoal, a súa fortaleza, o seu amor pola familia, o traballo e a súa loita pola vida vannos acompañar sempre", di a nota na cal a familia anuncia a morte de Piqué.

Foi ministro de até tres carteiras durante a súa carreira política e sempre baixo a presidencia de Aznar.

Desde 2007 até 2013 foi presidente da aeroliña Vueling etapa durante a cal comezaron os seus problemas de saúde, tendo sufrido unha hemorraxia cerebral.