Aos 58 anos de idade

Falece José Luís Sucasas, ex edil do BNG en Lalín

[Imaxe: Facebook]

José Luís Sucasas, ex edil do BNG en Lalín faleceu na tarde do sábado no Grove após sufrir unha caída da bicicleta na que circulaba. O escritor, economista e enxeñeiro pedaleaba polas inmediacións do campo de golf da Illa da Toxa.

José Luís Sucasas morreu aos 58 anos de idade na Illa da Toxa (O Grove) ao sufrir unha caída da bicicleta na que circulaba polas inmediacións do campo de golf. Economista, enxeñeiro e escritor de Lalín, onde ocupara o cargo de edil polo BNG, Sucasas é autor das novelas O paxaro que ninguén ve (2002), Soñaron buratos na terra (2003), Pena Furada (2012) e Nunca foi día de todo (2014). Tamén é autor do ensaio Outra vaca no millo (2010).

Os primeiros indicios fan supoñer que Sucasas sufriu unha indisposición mentres practicaba ciclismo. Até o lugar do sinistro dirixiuse un helicóptero medicalizado que nun puido facer nada por salvar a súa vida.