Falece un home en Friol ao caerlle unha árbore enriba mentres cortaba madeira

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press)
O 112 Galiza tivo coñecemento do suceso mediante o aviso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galiza-061.

Un home perdeu a vida en Friol (Lugo) ao caerlle unha árbore enriba mentres cortaba madeira xunto con outra persoa.

O 112 Galiza tivo coñecemento do suceso mediante o aviso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galiza-061.

Quen alertou ao equipo médico xa advertía da posibilidade de que a persoa estivese falecida.

Confirmaron a morte

O 112 trasladou que cando chegaron os sanitarios xa só puideron confirmar a morte, mentres os axentes da Garda Civil recollían toda a información sobre o acontecido.