Falece un home tras caerlle unha árbore enriba en Baños de Molgas

Helicóptero medicalizado do 061. (Foto: Europa Press)
O 112 Galiza recibiu a alerta sobre as 14.55 horas por parte de Urxencias Sanitarias-061, que chegou a mobilizar ao helicóptero medicalizado.

Un home morreu na tarde desta sexta feira ao caerlle enrima unha árbore nunha zona do monte de Calvelo, no concello de Baños de Molgas.

O 112 Galiza recibiu a alerta sobre as 14.55 horas por parte de Urxencias Sanitarias-061, que chegou a mobilizar ao helicóptero medicalizado.

Con todo, só puideron confirmar o falecemento do home.

Pola súa parte, o 112 pasou o aviso ao GES de Maceda, á Garda Civil, a Protección Civil de Baños de Molgas e á Garda Civil, que enviou unha patrulla até o lugar.

Até o momento non se dispón de máis información sobre o acontecido.