Falece un home atropelado en Ourense

Rúa Curros Enríquez de Ourense, onde se produciu o accidente. (Foto: Google)
Sucedeu esta madrugada na rúa Curros Enríquez.

Tráxico suceso en pleno centro da cidade de Ourense. Un home perdeu a vida após ser atropelado na madrugada deste domingo na rúa Curros Enríquez, na Ponte Nova. Foron as chamadas de diversos particulares ao 112-Galiza dez minutos antes das 00 horas as que activaron as alarmas

Estas persoas viran o home tendido no medio da estrada tras ser atropelado e alertaban de que precisaba asistencia sanitaria urxente. De inmediato, os xestores da central de emerxencias informaron do sucedido ao 061, aos Bombeiros de Ourense e aos axentes da Policía Nacional e Local.

A pesar dos esforzos, porén, o persoal sanitario nada puido facer por salvarlle a vida a esta persoa, que faleceu no mesmo lugar do accidente.