Falece un home atropelado por un coche conducido polo seu fillo

Exteriores do CHUO en Ourense (Foto: Google).
Un home de 72 a nos faleceu ao ser atropelado por un turismo que conducía o seu fillo cando realizaba manobras no interior dunha propiedade privada.

Un home de 72 a nos faleceu ao ser atropelado por un turismo que conducía o seu fillo cando realizaba manobras no interior dunha propiedade privada do municipio de Trasmiras (A Limia).

O suceso tivo lugar ás 21 horas do pasado domingo, cando a vítima foi alcanzada por un coche que daba marcha atrás no patio dunha casa situada no lugar de Soutelo, segundo informaron os servizos de emerxencia.

A voz de alerta foi dada por un familiar que chamou ao 112 para pedir asistencia médica urxente para o home, que se atopaba inconsciente tras recibir o impacto.

Até o lugar mobilizáronse efectivos de Urxencias Sanitarias, que non puideron facer nada pola vida do home. Tamén acudiron ao lugar axentes da Garda Civil para solicitar información sobre o sinistro.

Ás 23.50 horas, o forense de garda acordou o levantamento do cadáver e o seu trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), onde se lle realizará a autopsia.