Falece un home de 34 anos ao colisionar coa súa moto contra un vehículo en Lousame e saír despedido 30 metros

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press)
Segundo informou o Servizo de Urxencias Sanitarias da Galiza-061, ás 22.35 horas desta sexta feira recibiu un aviso na central de coordinación por este accidente de tráfico.

Un motorista de 34 anos, con iniciais J.B.C., perdeu a vida tras chocar a súa moto contra un vehículo na estrada AC-543, ao seu paso pola parroquia de Toxos, no municipio de Lousame (Comarca de Noia). O accidente foi moi violento até tal punto que o falecido saíu despedido até 30 metros de distancia despois da colisión.

Segundo informou o Servizo de Urxencias Sanitarias da Galiza-061, ás 22.35 horas desta sexta feira recibiu un aviso na central de coordinación por este accidente de tráfico.

Emerxencias

Con esta información, enviou ao lugar do sinistro unha ambulancia asistencial de Soporte Vital Básico e persoal sanitario do PAC de Noia.

 Ademais, o 112 Galiza mobilizou aos membros do GES de Noia, así como aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Xa no lugar, os servizos sanitarios atenderon o paciente, que resultou falecido no propio lugar do accidente.