Falece un dos feridos no accidente do hidroavión que traballaba no incendio de Lobios

Un hidroavión portugués que traballaba na extinción do incendio de Lobios sofre un accidente [Europa Pres].

Un dos tripulantes do hidroavión sinistrado cando realizaba labores de extinción no incendio forestal rexistrado en Lobios faleceu.

Un dos tripulantes do hidroavión sinistrado cando realizaba labores de extinción no incendio forestal rexistrado no municipio de Lobios faleceu.

Informou diso a Consellaría do Medio Rural, que explica que o outro piloto sofre varios politraumatismos e foi evacuado a un hospital de Portugal en helicóptero.

Aínda que nun primeiro momento fontes da Delegación do Goberno informaron de tres feridos -os dous pilotos e un mecánico-, fontes do operativo consultadas por Europa Press explicaron que só foran atendidas dúas persoas -os dous pilotos-, unha información que tamén confirmou a Consellaría do Medio Rural, que detalla que no avión só viaxaban estas dúas persoas.

En concreto, trátase dunha aeronave CL-2015 da empresa civil Babcock, con sede en Matacán, Salamanca, á que o Goberno de Portugal ten alugados tres avións -dous operativos e un en reserva- en operados por Protección Civil no aeroporto de Castelo Branco.

O incendio no que o hidroavión prestaba labores de extinción e que afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés rexistrouse en Lobios ás 8 horas da mañá procedente de Portugal.

Segundo as primeiras estimacións da Consellaría de Medio Rural, afecta a unhas 10 hectáreas en territorio galego. No control participan catro axentes, oito brigadas, tres motobombas, nove avións e cinco helicópteros.

O CIAE 112 Galiza solicitou a intervención dos servizos sanitarios, do GES de Lobios, Salvamento Aéreo e Rescate, así como da Garda Civil.