Obituario

Falece aos 41 anos de idade Pepe Lede, concelleiro socialista en Ribadumia

Pepe Lede, concelleiro do PSdeG en Ribadumia, falecido esta cuarta feira (Foto: PSdeG).
Pepe Lede, concelleiro socialista, levaba 12 anos dedicado á política municipal en Ribadumia, onde foron suspendidas todas as actividades organizadas polo concello durante os próximos tres días.

O Concello de Ribadumia (O Salnés) decretou tres días de loito oficial pola morte do edil socialista José Ramón González Lede, máis coñecido como Pepe Lede aos 41 anos mentres se atopaba de viaxe fóra do país.

A noticia causou pesar no municipio do Salnés e no Partido Socailista, cuxo máximo responsábel na Galiza, o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, trasladou o seu afecto a familia e achegados a través dunha mensaxe en redes sociais.

Pepe Lede, concelleiro socialista, levaba 12 anos dedicado á política municipal en Ribadumia, onde foron suspendidas todas as actividades organizadas polo concello durante os próximos tres días.

Minuto de silencio

O vindeiro sábado 30 de decembro, o goberno local convoca un minuto de silencio en honra ao concelleiro que terá lugar ás 13.30 horas na sede do consistorio.