Facebook, whatsapp e instagram volven funcionar após 6 horas de interrupción

whatsapp-movil
Unha investigación no Congreso dos Estados Unidos e unha forte baixa na Bolsa completan os problemas da compañía.

Un grave incidente informático deixou Facebook e as súas aplicacións, incluídas Whastapp e Instagram, fóra de internet durante máis de seis horas en todo o mundo. En cinco minutos todas estas aplicacións, así como Facebook Messenger e Oculus desapareceron simultaneamente no que xa é un dos accidentes máis graves que sufriu esta plataforma. En marzo de 2019 Facebook xa sufriu unha caída que durou vinte e catro horas, pero nesa ocasión non afectou, como agora, a todas as súas aplicacións. A caída tamén afectou ao sistema de comunicacións internas de Facebook, paralizando efectivamente a compañía.

Este incidente foi descrito por Downdetector, un sitio web especializado en erros informáticos como "o máis importante da historia" polas consecuencias que tivo en miles de millóns de persoas. Facebook non deu ningunha explicación oficial do sucedido nin dos motivos do accidente.

Esta crise chega nun momento especialmente difícil para a empresa. O domingo, unha ex directora da compañía, Frances Haugen, apareceu no programa de televisión de EUA "60 minutos" denunciando que a compañía era consciente do dano causado a moitos dos seus usuarios, pero decidira non facer nada. Haugen estivera filtrando noticias ao respecto aos medios de comunicación e esta terza feiraten que declarar no Congreso dos Estados Unidos que está a levar a cabo unha investigación sobre o dano que Facebook está a facer á mocidade.

As accións de Facebook tamén sufriron fortes perdas onte, caendo arredor dun 5%. Dende o pasado 7 de setembro, as accións de Facebook perderon o 15% do seu valor.