Social

Dous incendios xa controlados no sur da Galiza queiman máis de 100 hectáreas

Incendio forestal na Galiza (EP)
O lume iniciado á noite en San Xoán de Río fica extinto, mentres o outro incendio orixinado en Vilariño de Conso permanece controlado. Estímase que deixan máis de 100 hectáreas calcinadas.

O incendio que se orixinou a noite do pasado venres en Vilariño de Conso permanece controlado, deixando segundo as primeiras estimacións, unha superficie de 35 hectáreas afectada. O foco iniciouse pasadas as 21 horas na parroquia de Castiñeira e ficou estábel arredor das 3 da madrugada deste sábado, explicaba a Consellaría do Medio Rural.

Ademais, quedou extinguido outro lume rexistrado en San Xoán de Río, deixando unha superficie calcinada de 80 hectáreas, segundo se estima. Este teríase iniciado ás 20 horas de onte na parroquia de Seoane de Argas e deuse por apagado ás 6.30 horas do sábado.