Extinguido un novo incendio forestal na serra do Xurés

Incendio no lugar de Requiás, en Muíños, o pasado 7 de agosto (@BrifLaza)
Nunha semana arderon perto de 500 hectáreas de monte no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. 

Na madrugada deste sábado os efectivos de loita contra os incendios forestais lograron extinguir un lume rexistrado no municipio de Muíños que afectou ao Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

O incendio, declarado contra a noitiña da pasada sexta feira, iniciouse con dous focos simultáneos na parroquia de Requiás e arrasoua unha superficie de 0,6 hectáreas de monte raso, segundo informou a Consellaría de Medio Rural

As brigadas de extinción xa traballaran nese mesmo lugar, en Requiás, durante catro días a finais da semana pasada para sufocar outro lume que calcinou perto de 50 hectáreas de espazo protexido.

Tamén no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, a pasada cuarta feira quedou extinguido o incendio forestal que queimou 425 hectáreas no lugar de Manín, no municipio de Lobios.