Expulsan do Porto de Vigo un barco de axuda ás persoas refuxiadas

Porto de Vigo [Imaxe Campus do Mar]

A policía portuaria obrigou a partir o MS Sea-Ey por non contar con autorización e priorizar o atraque dos buques da Arribada.

Segundo publica o diario Atlántico o Porto de Vigo expulsou na segunda feira (7 de marzo) o barco holandés MS Sea-Ey no que viaxan un grupo de profesionais da saúde con destino a Malta. O obxectivo da tripulación, pertencente á ONG Sea-Eye, é fornecer axuda ás persoas refuxiadas, nomeadamente sanitaria. 

Porto de Vigo priorizou o atraque das embarcacións que fan parte da Arribada de Baiona

Neste senso, após un temporal atinxir o barco rachando a vaixela, as máquinas de café e mesmo "o dedo dunha man" dunha das persoas que compoñen a tripulación, dirixíronse cara á Vigo desde o golfo de Biskaia. 

Tiñan que atracar no Clube Náutico mais as dimensións da embarcación exceden a súa capacidade polo que se dirixiron ao Porto. Alí, a policía expulsounos ao non contaren con autorización e priorizaren o espazo para os buques que fan parte da Arribada de Baiona. Así pois, partiron rumo a Málaga. 

O MS Sea-Ey está equipado con material médico co que poderían asistir mesmo un parto.