O exlehendakari Ibarretxe fala en Ferrol sobre o problema das nación no Estado español

O acto, ás 20:00 horas, no Antigo Hospicio está organizado pola sociedade cultural Medulio.

 

Juan José Ibarretxe, lehendakari do gobernó vasco polo PNV entre 1999 e 2009, estará esta cuarta feira en Ferrol, nun acto organizado pola SC Medulio, para falar do problema das nación no Estado español. Será ás 20:00 horas no Antigo Hospicio.

 

Ibarretxe foi lehendakari durante tres lexislaturas, sempre en gobernos de coligazón. Impulsou unha reforma do estatuto de autonomía co nome de ‘Estatuto político da comunidade de Euskadi’, máis coñecido como ‘Plan Ibarretxe’. Era unha proposta que propoñía camiñar cara á soberanía, baseándose na ‘libre asociación’ entre Euskal Herria e España. Presentábase como unha ‘terceira vía’ entre os partidos constitucionalistas e o independentismo da esquerda abertzale.

 

Nos últimos tempos Ibarretxe tomou parte en diferentes actos de apoio e solidariedade para co proceso soberanista catalán.