O exército español anega Galiza

Tropas armadas despregáronse ao longo da nación (Imaxe: Arxina)
Militares armados percorren o país realizando funcións propias da policía.

Coa declaración do estado de alarma por mor da emerxencia sanitaria despregáronse numerosas tropas do exército español sobre a Galiza baixo o argumento de facer cumprir as normas destinadas a limitar o contaxio do coronavirus.

Porén, a realidade é que, mentres se prevé un repunte dos contaxios e un posíbel colapso do sistema sanitario para os vindeiros días, ante a falla de recursos, un gran número de carros blindados e militares están a ocupar as rúas da Galiza sen que se deran situacións perigosas como motíns ou ataques violentos, tal e como sinala o observatorio de dereitos Esculca.

Os recursos destinados á forza militar neste día a día da Galiza non tiveron, até o de agora, máis cometido que evitar aglomeracións en estacións ou evitar que a xente saia á rúa por ocio.

Para estas funcións, semella que a policía municipal chegaría, sinala Escula, en lugar de ter que recibir militares armados.