O exército continúa a despregarse coa chegada da Brilat a Lugo, Sanxenxo, Moraña e Combarro

Efectivos militares desenvolven tarefas de desinfección (Europa Press)
A Brilat percorre desde esta terza feira as rúas de Lugo, Sanxenxo, Moraña e Combarro, na despregadura das forzas do exército español derivadas da declaración do estado de alarma, que lles outorga competencias propias da policía. 

Estas actividades da  Brilat estanse a realizar no marco da Operación  Balmis, que coordina o mando de operacións relativa á despregadura das Forzas Armadas en Territorio Nacional para loitar contra a pandemia producida polo virus  COVID-19, que se iniciou coa despregadura das forzas militares nas cidades e que se está a estender ao resto das poboacións

Os cometidos, segundo informa a Brilat, é a desinfección da residencias de maiores Domus Vi en Barreiro-Vigo, que realizarán os equipos de descontaminación  NBQ (Nuclear, Bacteriolóxico, Químico).  Organizacións como o observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades Esculca tense posicionado contra o emprego de recursos militares para o control da emerxencia sanitaria. 

As brigadas están a chegar tamén a outros territorios, como son, no día de hoxe, a  Avilés, Villaviciosa e Palencia. En Asturias, efectivos destas unidades procederán a descontaminar a estación de tren de Noreña e a de Lugones, en Siero.