Estudantes da USC defenden o dereito a estudar dos presos independentistas

Imaxe:Erguer

Concentráronse ás portas da facultade de CC. Políticas convocados por Erguer

Un grupo de estudantes da Universidade de Santiago concentrouse ás portas da Facultade de Ciencias Políticas para defender os dereitos académicos dos presos independentistas, denunciando os atrancos e dificultades que sofren no se u intento de cursar estudios.

 

“Na cadea non cesan as limitacións para a continuidade dos estudos das presas independentistas, dende prezos inaccesíbeis para conseguir material académico, pasando pola imposibilidade de cursar mestrados e chegando a pór sancións retirando o dereito a exame”, segundo denuncian desde Erguer.