SINISTRO AéREO

Estrélase nos Alpes un voo da liña Barcelona-Düsseldorf con 150 persoas a bordo

Avión da compañía Germanwings

O sinistro do avión da compañía Germanwings, filial low cost de Lufthansa, non deixa superviventes.

 

Un avión Airbus A320 da compañía Germanwins que facía o traxecto entre Barcelona e a cidade alemá de Düsseldorf estrelouse nos Alpes francesas. O voo partira pouco antes das dez da mañá do aeroporto de El Prat, con número 9525, segundo Aena.

A bordo do avión irían 144 pasaxeiros e seis membros da tripulación (2 pilotos e 4 axudantes de cabina). Francia indica que 42 pasaxeiros serían de nacionalidade española. A web especializada Flightradar24 perdeu ás 10:39 horas o voo a unha altitude de 2.000 metros de altura.

Helicópteros da Xendarmería francesa localizaron o avión cerca de Prads-Haute-Bléone. A 2.400 metros de altitude. O presidente francés, François Hollande, expresou o seu temor a que non haxa supervivientes.

Polémica em Twitter

A falta de rápida reacción do presidente do goberno español, Mariano Rajoy, nas redes sociais ten provocado certa polémica, nomeadamente ao contrastar co feito polo seu homólogo francés, François Hollande.

Eis os últimos chíos respectivos, ás 12.42 horas.

 

 


O twitter de Rajoy -que finalmente suspendeu a súa axenda oficial en Vitoria, só acordou ás 13.07: