Estragos por maquinaria pesada na Vía Nova ao seu paso por Lobios

Imaxe dos estragos na calzada romana (Xavier Perdiz)

A calzada romana unía Braga e Astorga é unha das mellores conservadas. Maquinaria para usos forestais dana unha parte do seu treito. 

A Via Nova ou Via XVIII foi unha calzada romana de 315 quilómetros que unía Astorga (Asturica Augusta) e Braga (Bracara Augusta) cun sentido comercial e de control económico. Fopi inaugurada no ano 79 antes de Cristo por Caio Calpetano Rantio Quirinal Valerio Festo. A súa superviviencia estivo relacionada co ouro extraído nas Médulas. É una das calzadas romanas mellor conservadas e tamén una das que máis números de miliarios conserva de toda Europa (281). Un verdadeiro tesouro patrimonial que tamén sofre agresións e desleixo.

“A milla final do tramo da Via Nova que transcorre entre Lobios e a Portela do Home é dos mellor conservados desta marabillosa "autoestrada" romana”, sostén Francisco Xavier Perdiz. El é quen denuncia, a través das redes sociais, os danos causados neste tramo polo uso de maquinaria pesada. “Impunidade dos madeireiros ou neglixencia da Xunta?”, pregúntase.

“Como é posíbel que para tirar a madeira du monte comunal se circule por este vieiro protexido con retroescavadoras de lagartas ou rastros (de esteiras metálicas) que van "arando" o terreo?  En que punto do proceso legal para obter o permiso para este traballo forestal se produce deixadez de funcións ao non serlles prohibida a entrada dese tipo de maquinaria no noso patrimonio arqueolóxico catalogado e protexido por lei?”.

Diferenets colectivos e asociacións denunciaron nos últimos anos as agresións e danos xerados no patrimonio galego pola industria madeirista