A estrada máis perigosa do Estado, en Ribadeo

Imaxe: Google Maps

En Galiza 15% da rede viaria ten un risco elevado ou moi elevado de sinistros.

 A estrada máis perigosa do Estado español está en Ribadeo, un tramo de 8,2 quilómetros da N-642 ao seu paso por este concello da Mariña. Así o certifica o estudo EuroRap2018, que vén de ser presentado polo director da Fundación do Real Club Automóbil de Catalunya.

 

Nese estudo indícase que 15% das estradas en Galiza teñen un risco elevado ou moi elevado de accidentes. É o cuarto territorio do Estado con maior porcentaxe de rede viaria con esa cualificación.

 

No conxunto do Estado hai, indica o informe, por volta de 3.000 quilómetros de estradas con ese risco.