Estouran dúas bombonas nun galpón dunha vivenda en Vigo provocando unha gran explosión

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)
Segundo informou o 112, o suceso deuse na mañá deste sábado cando un particular informou de que escoitou unha serie de fortes explosións e que observaba chamas e fume negro que saía da vivenda afectada.

A explosión de dúas bombonas no galpón dunha vivenda da rúa Redomeira, na parroquia viguesa de Lavadores, saldouse sen persoas feridas.

Segundo informou o 112, o suceso deuse na mañá deste sábado cando un particular informou de que escoitou unha serie de fortes explosións e que observaba chamas e fume negro que saía da vivenda afectada.

Sen feridos

A central de emerxencias informou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vigo e á Policía Nacional e Local, que confirmaron que non había feridos.