Coronavirus Galiza: Aumentan lixeiramente os casos activos e descenden as hospitalizacións

Varias persoas na terraza dun bar na Coruña (Foto: M. Dylan / Europa Press).
A Consellaría de Sanidade notificou catro novos falecementos, todos de persoas con patoloxías previas, que elevan até 3.304 os pasamentos na Galiza.

Após o repunte de hospitalizados pola Covid-19 nos últimos días no conxunto da Galiza, descenden a 638 os ingresados, que implican 109 menos que o día anterior, dos cales 13 permanecen en UCI, seis menos. Os casos activos tamén baixan a 12.833, e a taxa de positividade elévase até 30%.

Segundo os datos actualizados esta cuarta feira pola Consellaría de Sanidade, con rexistros até as 18 horas da terza, recollidos por Europa Press, descenden a 13 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 e a 625 as ingresadas en unidades convencionais , mentres que 12.195 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. 

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende de maneira xeneralizada en seis das sete, mentres que se mantén na de Ourense, que se suma á de Ferrol sen pacientes ingresados en UCI pola Covid.

En concreto, a área de Ourense xa non ten pacientes Covid na UCI e rexistra 110 en unidades covencionais (un máis). No caso da de Ferrol, segue sen ingresados en críticos e conta con 63 noutras unidades (seis menos).

Na da Coruña e Cee baixan a cinco os pacientes Covid en UCI (dúas menos) e a 126 os ingresados noutras unidades (35 menos); mentres que na de Pontevedra e O Salnés hai dúas en críticos e 79 noutras unidades (18 menos).

No caso da área de Santiago e Barbanza redúcense a dous os pacientes Covid en UCI dous menos) e a 82 os hospitalizados noutras unidades (21 menos), mentres que na de Vigo seguen tres en críticos e baixan a 106 os ingresados noutras unidades (12 menos).

E a área sanitaria de Lugo conta cun paciente ingresado pola Covid-19 en UCI (uno menos que o día anterior) e rexistra 59 noutras unidades de hospitalización (doce menos).

Descende o número de casos activos

Os caso activos, tras o incremento da xornada anterior, volven descender como no inicio desta semana e sitúanse en 12.833, o que constitúe 139 menos, ao haber máis altas (1.749) que novos  contagios (1.614).

As infeccións activas aumentan lixeiramente en dúas das sete áreas sanitarias: Lugo (+15) e Vigo (+6); mentres que descenden nas outras cinco, coa de Ferrol á cabeza (-46), seguida da de Santiago e Barbanza (-44), Pontevedra e O Salnés (-26), A Coruña e Cee (-22) e Ourense (-22).

Así, con máis infeccións activas segue a área da Coruña e Cee, con 2.517; seguida da de Vigo, con 2.170; Santiago e Barbanza, con 2.123; Lugo, con 1.914; Ourense, con 1.630; Pontevedra e O Salnés, con 1.432; e á cola mantense a de Ferrol, con 1.038.

Segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade nesta terza feira, adaptado ao novo sistema de vixilancia da Covid-19 centrado en poboación vulnerábel, a incidencia acumulada a 14 días na Galiza en maiores de 60 anos ascende a 1.049,27 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media do Estado español aumenta a 505,86.

Aumentan os contaxios

Os novos contaxios de Covid-19 seguen en ascenso ao aumentar a 1.614. Por tanto, os contaxiados aumentan na Galiza a 570.598, dos cales 131.288 corresponden á área de Vigo; 118.696 á da Coruña e Cee; 90.164, á de Santiago e Barbanza; 68.587 á de Ourense; 65.450, á de Pontevedra e O Salnés; 61.447 á de Lugo; e 34.130, á de Ferrol.

Esta terza pasada realizáronse na Galiza 2.907 PCR, polo que aumentan a 3.827.493 as probas deste tipo feitas desde o inicio desta pandemia, e 3.379 test de antíxenos, que elevan a 1.664.798 os realizados.

Novos falecementos

As vítimas da pandemia pola Covid-19 na Galiza aumentan a 3.304, despois de notificar a Consellaría de Sanidade outros catro pasamentos de persoas con patoloxías previas.

Mentres, 554.518 persoas curáronse da Covid-19 desde o inicio desta crise sanitaria, tras recibir o alta outras 1.749 na xornada pasada en toda a Galiza.