Estes son os 25 concellos en alerta vermella pola incidencia da Covid

O número de municipios galegos no nivel máximo de alerta, o 3, pola incidencia do coronavirus na última semana elevouse esta sexta feira a 25, un máis que na quinta, tras entrar nesta situación Ferrol e Lalín. Saíu O Porriño, que pasa ao laranxa.

O semáforo actualizado pola Consellaría de Sanidade deixa en 25 os concellos coa alerta máxima pola incidencia da Covid-19. Trátase de nivel 3. Son Ourense, O Barco, O Carballiño, Verín, Narón, Oleiros, Arteixo, A Laracha, Ordes, Mesía, Santiago, Ames, Teo, A Estrada, Vilagarcía, Pontevedra, Poio, Cangas, Nigrán, Tui, Salvaterra, Monforte e Lugo.

A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol -máis de 76 casos nunha semana-, Pontevedra -máis de 96-, Compostela -máis de 112-, Lugo -máis de 112- e Ourense -máis de 120.

Mentres, en situación 2 -na cor laranxa do mapa- sitúanse 19, cinco máis que esta quinta feira. Do total, 11 repiten nesta lista: Neda, Fene, A Coruña, Culleredo, Marín, Vigo, Mos, Gondomar, Boborás, Barbadás e Xinzo de Limia.

Na alerta laranxa entraron sete concellos -Malpica de Bergantiños, Muros, Noia, Oroso, Vilaboa, Redondela e Monterrei- por empeorar os seus datos, mentres que un -O Porriño- entrou por melloralos, xa que até esta quinta estaba na vermella.

En cor laranxa inclúense municipios de máis de 50.000 habitantes con entre 138 e 332 casos novos de Covid-19 á semana por 100.000 habitantes -só Vigo e A Coruña, neste caso- e nos de menor poboación que presenten entre 14 e 20 casos.

Aumenta o número de casos

Sanidade segue sen ofrecer os datos exactos de incidencia por concellos e os casos positivos. No seu último parte, informa de que nas últimas 24 anos se detectaron 514 positivos por PCR. É a cifra máis elevada nesta segunda onda e a segunda de toda a pandemia.

Os casos activos tamén experimentaron un incremento, neste caso de 205. O total sitúase en 5.880. É a cifra máis alta após a comunicada na quinta feira, 5.675, e da do 8 de abril de 2020, cando había 5.481 casos activos.mplica 318 máis que as rexistradas na quinta feira e realizáronse 616.297 PCR fronte ás 609.516 da xornada anterior.