O Estado español deixará de administrar a vacina AstraZeneca

Doses da vacina de AstraZeneca. (Foto: Marta Fernández / Europa Press)

O Ministerio de Sanidade di que as comunidades teñen doses suficientes para acabar de inmunizar a persoas entre 60 e 69 anos.

O Estado español non recibirá nin distribuirá máis doses de vacina AstraZeneca contra o covid-19, xa que os gobernos das comunidades autónomas, segundo o Ministerio de Sanidade, teñen doses suficientes para acabar de inmunizar ás persoas entre sesenta e sesenta e nove anos. O único grupo que o recibe despois da aparición de casos marxinais de trombos en poboacións máis novas.

Segundo a Cadena SER, se se requiren máis doses de AstraZeneca para acabar coa vacinación destes grupos, Sanitade reclamaráas á UE. Por outra banda, se sobran as doses, o goberno español trasladaraas a outros países a través do mecanismo Covax.

O Estado distribuíu uns dez millóns de doses desta vacina, aínda que en principio comprou uns 31 millóns.

Na Galiza,  161.139 persoas de 65 a 69 anos e 174.959 de 60 a 64 anos recibiron polo menos unha dose.

A mediados de xuño a campaña de vacinación das galegas e galegos de máis de 60 anos que están a ser tratados contra a Covid-19 con Astrazeneca era acelerada, polo que o grupo -incluído dentro dos colectivos vulnerábeis- adiantaba unha semana nos tempos previstos. 

90% dos menores de 60 anos que recibiron a primeira dose de Astrazeneca na Galiza optaron para a segunda dose por esta mesma vacina e non por outra.