O Estado desenterra unha débeda do Egin para abocar o Gara ao feche

Comparecencia da dirección do Gara

 

Facenda exixe o diario vasco que pague medio millón de euros por considerar que é “sucesor ideolóxico” do xornal que Baltasar Garzón mandou fechar en 1998.

O 15 de xullo de 1998 máis de 200 policias fortemente armados entraban na sede central do Egin, en Hernani, para proceder ao fechamento do xornal e da radio que levaban tal nome, cumprindo así coa orde dada desde a Audiencia Nacional polo xuíz Baltasar Garzón. Era a primeira vez que na Unión Europea se procedía ao encerramento dun medio de comunicación. En 2009, once anos despois do pechamento, o Tribunal Supremo invalidou a clausura ao considerar que non se axustaba a dereito. O Egin constituía un proxecto xornalístico e popular. Fora o primeiro medio en publicar o borrador da Constitución española "en exclusiva" e "para sorpresa do Estado", lembraba Javier Salutregi, director do xornal. Mais tamén o primeiro "en sufrir un secuestro gobernamental", di, "por publicar un inocente Libro vermello do cole" no que promovían o uso do euskara como lingua vehicular no ensino.

 

No momento do seu fechamento Egin  vendía 52.311 exemplares diarios (segundo a OJD), contaba con 210 traballadores e máis de 24.000 persoas que apoiaron o nacemento do proxecto con achegas populares. 

 

Dúas décadas despois de aquilo, o Gara deberá de pagar tres millóns de euros por unha débeda do Egin. Facenda considera Gara o “sucesor ideolóxico” de Egin e por iso exíxelle o pagamento de medio millón de euros cada seis meses até chega á cantidade que lle reclama o fisco.

 

O Gara solicitou publicamente esta semana “apoio” de institucións, organizacións e sociedade civil para afrontar unha débeda que cualifica de “extremadamente inxusta”. O director do gara, Iñaki Soto, considera esta acción do estado “un expolio e un ataque á liberdade de prensa”.  Lembrou que en 2003, ano do xuízo na Audiencia Nacional polo Egin, déranlles15 días para pagar esa débeda do Egib, quese achegaba a 5 millóns de euros, ou fechar.

 

Soto incidiu en que ter que pagar a débeda do Egin “é absolutamente inxusto”, xa que o xornal “se fechou ilegalmente” e os seus responsábeis foron encarcerados.