Estabilizado o incendio de Montefurado, que queimou 150 hectáreas

Para combater o lume interviron medios terrestres e aéreos.

O incendio en Montefurado, no concello de Quiroga, ficou controlado na tarde desta quinta feira, 24 horas despois de iniciarse e tras arrasar case 150 hectáreas: 40 de bosque arborado e 110 de monte raso.

Un amplo despregamento de medios terrestres e aéreos operou na zona para combater este incendio. Segundo dados da administración autonómica interviron 15 axentes, 33 brigadas, 18 motobombas e 10 helicópteros.