Estabilizado un incendio forestal en Laza que afecta unhas 30 hectáreas

Imaxe de arquivo.

Un incendio forestal permanece activo desde este mediodía no concello de Laza, na comarca de Verín, vila mergullada en pleno Entroido. Os servizos de extinción desprazados ao punto xa lograron estabilizar as lapas, e as tarefas evolucionan favorabelmente.

Segundo os datos facilitados pola Consellería de Medio Rural, o lume iniciouse sobre as 13,45 horas e afecta á parroquia de Cambia.

A estimación inicial da superficie afectada indica é de por volta de 30 hectáreas de superficie.

No punto atópanse traballando diversos efectivos, como operarios e motobombas, ademais da Brigada de Reforzo de Incendios Forestais con base en Tabuyo del Monte, en León.