Estabilizado un incendio forestal na Gudiña que arrasou 65 hectáreas

Os helicópteros de Babcock prestaban servizo na extinción dos lumes da Galiza. (Foto: Wikipedia)
Polo momento, mobilizáronse para o control do fogo sete axentes, 11 brigadas, seis motobombas e un helicóptero.

A Consellaría do Medio Rural deu por estabilizado un incendio forestal no municipio da Gudiña (comarca de Viana), que se orixinou en tres focos e que segundo as últimas estimacións afecta por volta dunha superficie de 65 hectáreas.

O incendio iniciouse ás 20.27 horas horas deste domingo na parroquia de Pentes e deuse por estabilizado ás 13.10 horas desta segunda feira.

Polo momento, mobilizáronse para o seu control sete axentes, 11 brigadas, seis motobombas e un helicóptero.

A Xunta lembra que está ao dispor da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún incendio forestal.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.