Oito especies extintas en Galiza (e as 65 que corren risco de seguir o mesmo camiño)

aguia real

A importante biodiversidade de Galiza ten ameazas e perigos varios e diversos, gran parte dos cales poden ser neutralizados e/ou revertidos se unha especie, a humana, ten intención diso.

 

Galiza posúe unha importante biodiversidade, unha abundancia de hábitats naturais e seminaturais. No noso país están presentes 56 dos 179 tipos de hábitats naturais catalogados como 'de interese comunitario' pola directiva europea 92/43/CEE.

Neste pequeno pais hai 563 especies de vertebrados, 850 de moluscos, 72 especies de crustáceos, entre 8.500 e 10.000 de insectos, 137 de equinodermos...

En plantas vasculares, Galiza conta con 3.000 taxóns vexetais (o 28% do total da Península). No que atinxe a fauna, hai 563 especies de vertebrados (59 mamíferos, 152 aves, 14 anfibios...). Se imos aos invertebrados, a lista faise inmensa: 850 especies de moluscos, 72 de crustáceos, 577 de anélidos, 137 de equinodermos...e entre 8.500 e 10.000 de insectos.

Extintas

Calcúlase que 47 especies de flora e fauna desaparecen cada día no planeta. Un proceso cuxo impacto non se limita á perda de diversidade biolóxica, senón que frea procesos de benestar en eidos como a saúde, a alimentación, a enerxía ou a conservación ambiental.

En Galiza tamén hai taxóns ou poboacións que se consideran extintas. A Dirección Xeral de Conservación da Natureza cita varios exemplos: 3 de flora e 5 de fauna vertebrada. No primeiro grupo, a Rhynchospora fusca (vivía en turbeiras e mananciais), a Rhynchospora modesti-lucennoi (desapareceu no aís co desecamento da turbeira das Gándaras de Budiño) e a Christella dentata, un fieito tropical e subtropical

A cabra montés galega, o esturión ou a pita do monte

No que atinxe a fauna vertebrada, es especies cuxas poboacións se consideran extintas no noso país son cinco. O lince ibérico, a gavina negra, a pita do monte cantábrica, o esturión, e a cabra montés galega.

Está a piques de se extinguir en galiza a 'paxariños amarelos', (Linaria polygalifolia) unha planta que vive en areais e acantilados entre Cabo Vilán e Estaca de Bares

Aliás, a administración galega apunta a que hai 65 especies en risco de extinción en Galiza, 40 de flora e 55 de fauna. Entre a flota están taxóns coma o 'paxariños amarelos' (Linaria polygalifolia subsp. aguillonensis), que vive en acantilados e areais costeiros entre Cabo Vilán e Estaca de Bares. O risco procedeu do impacto do chapapote do Prestige, así como da presión urbanística na costa.

Sapo-concho e aguia real

No que se refire á fauna en risco no noso país, figura desde o oso (ursus arctos) até o Sapo-concho común (Emys orbicularis) pasando pola Tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea) ou a Aguia real (Aquila chrysaetos). E así, até 25.

Na práctica totalidade dos casos, a acción do home é directamente responsábel desta situación.