Especialistas e colectivos comparten en Teo a problemática dos proxectos mineiros

O I Encontro Galego sobre o Impacto da Minaría, organizado por diversos colectivos ecoloxistas, agrarios e de oposición ás minas, tivo como obxectivo compartir información sobre esta problemática no país

 

Organizacións ecoloxistas e sindicais, plataformas investigador@s celebraron en Teo o I Encontro Galego sobre o Impacto da Minaría. O incremento dos estudos para a creación de novas minas no noso país alarma cada vez mais aos sectores máis concienciados e xornadas como esta deitan algo de luz sobre os perigos e consecuencias deste tipo de explotacións.

Abriu as xornadas Alba Nogueira, profesora da USC, quen explicou as últimas leis aprobadas polo goberno que "amparan" este tipo de proxectos mais tamén deixan abertas algunhas portas para loitar contra o beneficio legal das empresas.

Serafín González, da Sociedade Galega de Historia Natural, puxo en evidencia os datos de empregos que moven as empresas e os que coinciden coa realidade e Isabel Vilalba, SLG, denunciou a "cultura colonial" de gobernos como o galego.

Emilio Menéndez, enxeñería de Minas, explicou o alto grao especulativo deste tipo de explotacións e os beneficios que recollen as empresas. por último Xoán R. Roldán, profesor da USC, falou do impacto da minaría no tecido socioeconómico a nivel económico.