Especialistas no Camiño de Santiago de 27 países expresa a súa preocupación polo impacto da mina de Touro

FICS (Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago) demanda “respostas claras” e cualifica de “alarmante” o que considera a “probabel e directa afectación” ao Camiño de Santiago que se producirá de se levar a cabo este proxecto de megaminería.

A Fics, Fraternidade internacional do Camiño de Santiago, entidade que agrupa a especialistas do Camiño de Santiago de 27 países, expresa nun comunicado a súa “máxima preocupación” polo impacto que poida ter o proxecto mineiro de Touro-O Pino. A entidade lembra que este proxecto vaise desenvolver na marxe sur do trazado histórico do Camiño.

 

“Após unha minuciosa análise, contrastando con técnicos interdisciplinares e especialistas en ordenación do territorio, a FICS [...] ve aspectos moi sensíbeis que se verían afectados pola materialización da explotación mineira”. Así, esta entidade cita desde o impacto visual até a os efectos sobre o patrimonio, pasando pola polución acuífera e terrestre ou o aumento do tráfco pesado.


Por todo isto, a FICS demanda “respostas claras” e cualifica de “alarmante” o que considera a “probabel e directa afectación” ao Camiño de Santiago que se producirá de se levar a cabo este proxecto de megaminería.