Esculca analiza o proceso contra Causa Galiza

Organiza a palestar 'Asociacións Políticas vs. Dereitos Constitucionais'.

Asociacións Políticas vs. Dereitos Constitucionais, é o título da palestra "de análise e reflexión" sobre a decisión do xuiz Eloy Velasco de suspender as actividades de Causa Galiza que organiza Esculca. O actp decorrerá esta terza feira en Compostela, no Café SCQ (Rúa das Orfas) e no meso tomarán parte Guillerme Presa Suárez (avogado de Esculca) e Joám Peres (unhas das nove persoas encausadas na Operación Jaro)

A ilegalización de facto decretada pola Audiencia Nacional sobre Causa Galiza chegará en breve ao Parlamento europeo. Unha representación dos 9 independentistas procesados na 'Operación Jaro' contactou con Ana Miranda, portavoz do BNG en Europa, sondeando a posibilidade de que denunciase na Cámara comunitaria a suspensión de actividades da organización e “o proceso represivo contra o independentismo galego”. Fontes dos procesados agradecen a dispoñibilidade e repectividade amosada por Miranda e agardan que en breve se concrete, unha posibilidade que podería ser a través dunha pregunta parlamentar.