Escracho a Garzón en Bos Aires por ter amparado a ''tortura'' de pres@s vasc@s

Con berros de ''repudiamos os represores'' ou ''é un torturador'', o colectivo EHL de Amig@s do pobo vasco irrumpiu nunha ponencia do xuíz español para quitarlle as cores á organización do evento: ''é inaceptábel que nos veña falar de dereitos humanos''


"Escoitamos que viña falar de dereitos humanos o xuíz Garzón" e protagonizaron un masivo escrache en contra do convite que lle fixera unha universidade de Bos Aires. Erguendo bandeiras de Euskal Herria e aqueloutras que reclaman a liberación dos e das presas políticas vascas, centos de persoas recriminaron a presenza de Baltasar Garzón con beros de "repudiamos a represores" ou "é un torturador".

O colectivo, o EHL de Amig@s do pobo vasco, presentouse como "militantes cun pasado de loita na ditadura" arxentina, na organización guerrilleira dos Montoneros. Nas súas intervencións deixan claro o seu posicionamento en contra de Garzón, ao que lle achacan a súa responsabilidade "encubrindo torturas a militantes do independentismo vasco e violando os seus dereitos humanos".

Após cánticos como 'Liberar os presos por loitar', o escracho ao maxistrado español rematou como empezara, cun sonoro cántico de advertenza: 'Como aos nazis vailles pasar, a onde vaian iremolos buscar'. Eis aquí o vídeo da acción realizada polo EHL.