CIG ensino denuncia que as escolas oficiais de idiomas carecen do profesorado necesario

O sindicato tamén afirma que os nomeamentos son totalmente arbitrarios

Son estas datas tradicionais de exames libres que serven para acadar os títulos oficiais de idiomas nas escolas sen ter que acudir ás aulas. E CIG-Ensino denuncia que “ano tras ano a Consellaría de Educación escamotea os nomeamentos necesarios para que a elaboración e a corrección dos exames non supoña un problema para o funcionamento normal das escolas”.

 

Ademais, afirma o sindicato, os nomeamentos que fai a administración son “totalmente insuficientes e arbitrarios”. Así, explican que se dan diferenzas de ratio alumnado/profesorado que chegan a ser case o dobro segundo que escolas, por exemplo en galego. "Nunha escola o rateo é 51 alumnos ou alumnas por profesor ou profesora mentres que noutra escola, e sempre comparando a mesma lingua, temos un rateo de 26,5".