Erguer súmase á folga xeral de mulleres do 8M

Erguer chama a unirse á folga xeral de mulleres do 8 de marzo

O sindicato estudantil Erguer. Estudantes da Galiza anunciou esta sexta feira 8 de febreiro o seu apoio á convocatoria de folga xeral.

Nunha rolda de prensa na Praza da Peregrina de Pontevedra, o sindicato estudantil fixo un chamamento a unirse á folga xeral de mulleres que terá lugar a sexta feira 8 de marzo, Día Internacional da Muller. "Consideramos que a sociedade patriarcal na que vivimos afecta profundamente ao noso ensino, que ademais é unha peza chave á hora de perpetualo", afirmaron. Denunciaban así a importancia da educación no sustento dun "sistema patriarcal" e apelaron as estudantes a saír ás rúas a reinvidicar un ensino con perspectiva feminista. 

 

Entre as súas demandas, en concordancia co seu proxecto de Lei Galega de Educación, están a igualdade de oportunidades entre estudantes sen discriminación por xénero, a creación de materias con contidos de xéneromaterias de educación sexual afectivo diversa ou a inclusión nos programas e plans de estudos da "figura de mulleres invisibilizadas ao longo da historia". Denuncian igualmente a existencia de "carreiras masculinizadas e carreiras feminizadas", de centros que segregan por sexo "e seguen a recibir subvencións públicas" e de "condutas machistas nas aulas por parte de profesorado e estudantado". 

 

Sosteñen que resolver esa serie de problemáticas é un eixo fundamental para "mudar o ensino",  polo que requieren ao estudantado que se una ás mobilizacións convocadas por todo o país. "Por todas estas cuestións que nos afectan chamamos as estudantes a saír ás rúas o 8 de marzo secundando as mobilizacións que convocan o sindicalismo galego e o movemento feminista", indican.