“O Entroido non se civiliza. O humor non se toca”

Rajoy súmase á cruzada de PP e igrexa contra o pregón do entroido compostelán

Imaxe do pregón. Concello de Santiago.

Igrexa e PP fan cruzada común contra o pregón de carnaval de Compostela, contra o seu autor e contra o concello. De fondo, a contraofensiva por impoñer novos límites á liberdade de expresión.

“Caros e caras compañeiras. Foi para min unha honra recibir toda a vosa solidariedade nos dous últimos días. É difícil describirvos as emocións e pensamentos que me pasaran polo corpo e apenas quero deixar aquí constancia do meu eterno agradecemento a todas as persoas e colectivos que me estades a apoiar, por darme a oportunidade de percibir que neste noso país, a Galiza, non todo é medo e cálculo político, e hai lugar para a liberdade máis soberana, republicana e demócrata”. Con esta entrada no Facebook Carlos Santiago agradecía o apoio e solidariedade recibidos estes días após a polémica xerada polo seu pregón de Entroido, en Santiago.

 

Un pregón carnavaleiro en que Carlos Santiago, nunha sátira do Apóstol, animaba a vivir as festas. El Correo Gallego montou unha cruzada contra pregón, pregoeiro e concello afirmando que asistentes ao acto se sentiran insultados e ofendidos polo seu contido, no que, apontaban, que se ofenderan sentimentos relixiosos. Axiña saíron a dar cobertura política o PP de Santiago e, tamén o de Zaragoza (pois tamén, disque, se ofendera a Virxe do Pilar). Desde peticións de arrepentimento pública a de dimisión, non faltou de nada. Nin sequer ameazas (mesmo de norte) nas redes sociais ao alcalde de Compostela, Martiño Noriega, e ao pregoeiro.

 

No sarillo non podía faltar a igrexa: o arcebispado de Compostela organizou un acto de “desagravio” na Catedral este sábado pasado. Ao día seguinte, e para que o conto non morra, o propio presidente español, Mariano Rajoy, publicaba no seu twitter: “Mi apoyo  a los vecinos de Santiago que quieren que las fiestas, como el pasado carnaval, sean momentos de respeto y convivencia, y esperan eso mismo de su ayuntamiento. Los pregones deberían servir para invitar a todos a la celebración, no para indignar a la mayoría. MR".

 

Mentres, una asociación de abogados cristianos anunciaba que ía presentar una querela contra Carlos Santiago, acción que non desbotaban que se ampliase tamén ao alcalde.

 

 Apoios

 

Foron numerosas as voces que sairon en defensa de Carlos Santiago e da liberdade de expresión. Tanto de persoas a título individual como colectivo. Como a asociación de Músicos ao Vivo ou a Asociación de dramaturgos de Galiza, entre moitas outras. Esta, nun comunicado, defendía o dereito á liberdade de expresión. “A fición non se escraviza. O Entroido non se civiliza. O humor non se toca”.

 

Borrajo carga contra o alcalde

 

Non todos no sector da cultura estiveron nesa  liña. O humorista ourensán Mocho Borrajo escribiu en Facebook un comentario moi duro contra o alcalde de Santiago e o autor do pregón.

 

O entroido, más una vez, volve ser escenario dunha loita polos límites da liberdade de expresión. Como aconteceu na Coruña o ano pasado co cartaz do Entroido. Ou a finais da década dos 90 no Grove, cando a Garda Civil detivo a varios membros da comparsa A faneca esfameada por pariodar o Instituto armado.