Entrevista a Xaquín Fernández Leiceaga no Sermos197

Xaquín Fernández Leiceaga

Na serie de entrevistas políticas, desta volta é a quenda de Xaquín Fernández Leiceaga, candidato nas primarias do PSdeG-PSOE. A conversa aparece no Sermos197, que sairá do prelo esta mesma noite.

Xaquín Fernández Leicega fala na súa conversa co director de Sermos, Xosé Mexuto, sobre o seu proxecto para o PSdeG-PSOE, as diferenzas que a ese respeito mantén co outro candidato, Xosé Luís Méndez Romeu, a súa visión da Nova Política e a necesidade de pactos e alianzas que decorre da actual correlación de forzas no taboleiro político.

Canda esta entrevista, o Sermos197 porá o foco nas actividades que no campo da especulación inmobiliaria desenvolve o Ministerio de Defensa no noso país.

E iso, por suposto, sen esquecer o resto das seccións habituais, a comezar polo bloco de información cultural ou de lecer que chamamos Fóra de Serie.