Entrevista a Noa Presas e o Caderno de Verán no Sermos203

Noa Presas

Chega xullo e volta o caderno de verán, xa un clásico do Sermos en papel. Neste número 203, nos pontos de venda habituais esta quinta feira, entrevistamos tamén Noa Presas, responsábel de Relacións Políticas do BNG.

O caderno de verán retorna ás páxinas do Sermos coa chegada do mes de xullo. Ficará connosco até o primeiro día de setembro. Como adoita, incorporará xornalismo refrescante e boa literatura galega para o tempo de lecer, con textos de Rosalía Fernández Rial e Miguel Mato Fondo. O Caderno vén este ano tamén cun ollar especial, o que deita sobre o país un dos grandes fotógrafos galegos, Xurxo Lobato.

Neste número 203 regresan tamén ao semanario as entrevistas políticas, desta volta con Noa Presas, recente candidata ao Congreso por Ourense e secretario de Relacións Políticas do BNG.