Entrevista a Antón Losada no Sermos194

Antón Losada, no seu despacho.

Na serie de entrevistas políticas que vimos publicando no semanario, desta volta será Antón Losada, profesor da USC e analista, quen ofereza os seus pontos de vista após a nova convocatoria de eleccións no Estado. Será no Sermos194, esta quinta feira xa nos pontos de venda habituais.

O director de Sermos, Xosé Mexuto, conversa con Antón Losada coa actualidade política como argumento. O profesor da USC e tertuliano da SER analisa non só os aspectos máis de conxuntura canto aqueles que teñen o aspecto de iren perfilando unha nova estrutura de partidos no Estado. Reflicte aínda sobre a situación do nacionalismo galego e o discurso que o BNG debe incorporar na próxima campaña eleitoral.

Alén da entrevista, o Sermos194 contén unha reportaxe moi documentada sobre as posesións na Galiza a familia Franco, ben como unha análise da actual situación do sector eólico no noso país.